domingo, 22 de marzo de 2015

INVESTIGAMOS O PASADO

INVESTIGAMOS SOBRE O PASADO: "Cómo vivían os nosos avós ou bisavós?"

A Historia do home é moi ampla. Está claro que as cousas cambian en pouco tempo. Veremos como vivían os nosos avós. Fixemos de historiadores. Investigamos como era a súa vida. Utilizamos unha fonte oral. Agora sabemos que moitas cousas cambiaron, non vivían igual ca nós.

            O primeiro cambio chega xa desde o momento en que nacían. Os nacementos tiñan lugar nas propias casas. Non ían aos hospitais como se fai hoxe en día.

As familias eran moi numerosas. Era moi normal que tiveran moitos fillos 5,10,13.. Así que isto facía que tiveran que compartir todo o que tiñan. Nunha mesma cama durmían varios irmáns. Moitos colchóns estaban feitos de follas da planta do millo.

            Os cartos non abundaban; así que tiñan poucas pezas de roupa. A roupa nova a  poñían os domingos, para ir a misa ou para ir dar un paseo. Pola semana usábase a  máis vella ou roupa que xa fora usada anteriormente por outro irmán, curmán ou coñecido. Póñase ata que non lles servía porque medraran. Se se rompía facíaselles uns remendos. Algúns rapaces andaban descalzos. Non ían as tendas a comprar a roupa. Compraban as telas e facíallas a costureira á medida.
          
Todos debían axudar no traballo da casa. Os irmáns maiores ademais coidaban dos máis pequenos.
            Non había auga da traída nas casas, ou faltaba en varias ocasións. Así que había que ir as fontes, a buscar a que se necesitaba para cociñar e lavarse.
Para asearse, quentaban a auga nas potas do cocido e lavábanse no balde.
            Non había calefacción. Utilizaban as cociñas de ferro que se quentaban ardendo madeira. Tiñan dobre uso, servían para estar quentes e para facer a comida. Debían de ir ao monte a buscar madeira ou pagar un tractor de leña. Cando chegaba o tractor, tiñan que descargalo entre todos os membros da familia e colocar a madeira no lugar que tiñan establecido. Máis tarde apareceron as cociñas de butano. Non existían as vitrocerámicas.

A roupa a lavaban nos lavadoiros do pobo, xa que non tiñan lavadoras.

            Coidaban animais na casa e cultivaban o campo para obter comida. Cando chegaba a época de plantar ou recoller as patacas, todos colaboraban pequenos e maiores.

            A escola ían durante pouco tempo un ano ou dous, xa que tiñan que traballar. As clases estaban formadas por alumnos de tódalas idades e eran moi numerosas. 
Tiñan un libro para tódalas materias. Non usaban cadernos, levaban uns encerados pequeniños onde escribían con xiz e borraban cun trapo. Alí dábanlles leite en po.  Os que se portaban mal ou non estudaban tiñan fortes castigos.
            Xogaban nas rúas porque pasaban poucos coches. A maioría eran camiños sen asfaltar. No colexio acordaban a que hora e onde se ían a reunir para xogar.  A maioría  xa tiñan a costume de quedar nun sitio determinado tódolos días. Para ir a xogar primeiro tiñas que facer os traballos da casa e logo marchabas. O que quería ir a xogar, ía a ese sitio e atopaba ao resto dos veciños. Non había móbiles.
Tiñan poucos xoguetes. Así que moitos os fabricaban eles: Bonecas de trapo, arcos e frechas con madeira e un cordel, pelotas de trapo, tirapedras, etc. Xogaban en grupos e compartían o que tiñan.  Normalmente quedaban todos os veciños. Utilizaban para os seus xogos cousas que podían atopar ao seu arredor: pedras, paus,...
Os xogos típicos eran: a pita, a policías, as agachadas, ao fútbol, a mariquitilla, os pelouros, as bolas, as buxainas ("trompos"), a saltar a liga, a corda, a chave, a cachiza, aos aros,etc.

            Nalgunhas casas non tiñan televisores, as noticias as escoitaban pola radio. Os primeiros televisores eran en branco e negro. Tiñan dous canles que non funcionaban todo o día e había poucos programas infantís. Non existían os ordenadores
.

            A maioría dos sitios ían andando ou en bici. Non todo o mundo tiña coche.

O que está claro é que non tiñan as comodidades que temos hoxe en día, nin tantas cousas; pero é posible que foxen máis felices.


TI,  QUE PENSAS?